DEIXA A TÚA PEGADA !!
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste Certame Galego de Creadores Novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias.
Acreditamos na creatividade da mocidade galega, apostamos por crear estímulos e canles de comunicación para a súa divulgación como modelos reais de presente e de futuro. O que pretendemos e implicarnos de xeito activo coa mocidade galega na procura de ferramentas e espazos que permitan estimular e vehicular as múltiples inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega.
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2009.
A solicitude dos participantes deberá facerse nos impresos normalizados (Anexo I e Anexo II), e entregarase tamén a documentación xeral que se explicitan nas bases, así como, a documentación específica de cada especialidade, que se atopa nesta web, en cada unha das súas seccións.
Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade, establecéndose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias):
* Un primeiro premio de 3.000 €
* Un segundo premio de 1.500 €
* Un terceiro premio de 1.000 €
Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden a suficiente calidade.
Nas ligazóns asociadas atoparás toda a información necesaria,
ENTÉRATE E PARTICIPA!!!
|