GzCrea 2008. Certame galego de creadores novos

Xuventude.Net

Micro Fest

NOVAS

 
Consultar hemeroteca: 2008

MÚSICA E GRAFFITI, DE BALDE NO MICROFEST !! (19-11-2008)

Para todas e todos os usuarios do CARNÉ XOVE. Ampliouse o prazo para coller a entrada ata o día 22 ás 14:00 horas

Microfest. Ven DE BALDE!!

Como xa anunciamos, o vindeiro sábado 22 de novembro celébrase a final de Graffiti, no multiusos Fontes do Sar, no marco do festival Microfest.

@s que sexades usuari@s do Carné Xove tedes a posibilidade de escoitar o cartel deste ano e ollar como os 9 finalistas da especialidade de Graffiti dan vida ás obras presentadas a concurso..., de xeito totalmente gratuíto!!.

O único que tedes que facer é retirar a vosa entrada na recepción do Multiusos Fontes do Sar presentando o Carné Xove.

Tedes de prazo ata o día 22 ás 14:00 horas!!.


Recolle a túa!

· Máis Info >>
 


ACHÉGASE A FINAL DE GRAFFITI !! (17-11-2008)

O sábado 22 de novembro, no marco do festival Microfest

Imaxe representativa da especialidade de Graffiti

O sábado 22 de novembro celébrase a final de Graffiti, no multiusos Fontes do Sar, no marco do festival Microfest. Os 9 finalistas terán que pintar os graffitis que presentan a concurso.

Todos os que asistades poderedes ollar como estes artistas das rúas realizan as súas obras: Comenzarán a pintar sobre as 10 da mañá e rematarán ás 5 da tarde. A partir desta hora, o xurado elixirá os gañadores, e terá lugar a entrega de diplomas.

O finalistas de Graffiti >>
 


INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE DESEÑO DE XOIAS (17-11-2008)

O luns 24 de novembro, no Espazo de Arte do Grupo Correo Gallego

Imaxe representativa da especialidade de Deseño de xoias

A especialidade de deseño de xoias entra no seu tramo final. O Espazo de Arte do Grupo Correo Gallego acolle o vindeiro luns 24 de novembro, ás 20 horas, a inauguración da exposición de xoias seleccionadas polo tribunal do Certame Galego de Creadores Novos.


· A especialidade de Deseño de xoias >>
 


PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS DA EDICIÓN DO GZcrea 2008 (17-11-2008)

Hoxe abrimos unha nova sección: Imaxes 08

Imaxe da reprersentación da obra "Comedia bífida", de Bicodobrelo

Comezamos a semana con novidades!. Hoxe damos paso á imaxe para reflectir a traxectoria do Certame Galego de Creadores Novos na súa edición 2008.

Polo momento dispoñemos das fotografías das entregas de premios das especialidades de Artes Plásticas, Banda Deseñada, Música e Teatro, pero continuaremos publicando de xeito gradual.

Se vos interesa botar unha ollada, podedes premer na ligazón ao pé ou acceder a Imaxes 08, no menú lateral.

· Imaxes 08 >>
 


PREMIADOS NA ESPECIALIDADE DE TEATRO (14-11-2008)

Hoxe publicamos os grupos e as obras gañadoras na edición 08 do certame Gzcrea

Imaxe representativa da especialidade de Teatro

Contamos cos novos resultados desta edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. No día de hoxe poñemos ao público a listaxe dos premios concedidos despois da deliberación do xurado da especialidade de Teatro.


O resultado son tres grupos teatrais premiados. A información ao completo está dispoñible na ligazón ao pé, que vos levará á sección da especialidade.

Parabéns a tod@s os participantes!

· Os gañadores de Teatro >>
 


A ESPECIALIDADE DE POESÍA CONTA XA CON GAÑADORES (12-11-2008)

O resultado da deliberación do xurado: tres premios e unha mención de honra

Imaxe representativa da especialidade de Poesía

A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos dispón de novos premiados. Despois da resolución da especialidade de Videocreación, hoxe publicamos aos gañadores de Poesía.

A deliberación do xurado deu como resultado tres creadores premiados e unha mención de honra. Para consultar os nomes dos galardonados podedes premer na ligazón que vos ofrecemos.


Parabéns a tod@s os particapantes!

· Os gañadores de Poesía >>
 


EXPOSICIÓN DA ESPECIALIDADE DE ARTES PLÁSTICAS (03-11-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Artes plásticas

A exposición da especialidade de Artes plásticas da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos, xa ten lugar e data. Os artistas seleccionados polo xurado expoñerán a suas obras o día 6 de novembro na Casa da Parra en Santiago de Compostela.


Para consultar a información asociada, podedes premer na ligazón que vos ofrecemos ao pé.


Moita sorte a tod@s!!
A especialidade de Artes plásticas >>
 


OS GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE VIDEOCREACIÓN (03-11-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Videocreación

Hoxe publicamos máis resultados da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Agora poñemos a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Videocreación.



Neste caso os creadores premiados son tres máis una mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.


Parabéns a tod@s os participantes!
· Os gañadores de Videocreación >>
 


GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE MÚSICA (29-10-2008)

Publicamos o resultado da deliberación do xurado.

Imaxe representativa da especialidade de Música

A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos xa dispón de novos premiados. Despois da resolución da especialidade de Artes plásticas, hoxe publicamos aos gañadores de Música.

A deliberación do tribunal deu como resultado catro grupos premiados, xa que o terceiro premio foi compartido. Para consultar os nomes dos galardonados podedes premer na ligazón que vos ofrecemos.


Parabéns a tod@s os participantes!
· Os gañadores de Música >>
 


POÑEMOS AO PÚBLICO OS PREMIOS DE ARTES PLÁSTICAS (28-10-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Artes plásticas

Hoxe dispoñemos de máis resultados da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Agora poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Artes plásticas.



Neste caso os creadores premiados son tres máis una mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.


Parabéns a tod@s os participantes!
· Os gañadores de Artes plásticas >>
 


OS 10 FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE DESEÑO DE XOIAS (17-10-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Deseño de Xoias

O xurado da especialidade de Deseño de Xoias seleccionou xa aos novos deseñadores que participarán na fase final da presente edición do Certame Gzcrea.

Agora resta agardar a que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade indique a data e lugar de celebración desta gran final. Non vos preocupedes, manterémosvos puntualmente informados.

Os nomes dos finalistas xa están publicados na sección de Deseño de Xoias.


Parabéns a tod@s e moita sorte na final!
· Os Finalistas de Deseño de Xoias >>
 


A FINAL DE GRAFFITI XA DISPÓN DE LUGAR E DATA (14-10-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Graffiti

A especialidade de Graffiti do Gzcrea camiña xa cara a súa recta final!!. A final, cos artistas seleccionadas celebrarase o día 22 de novembro no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela.

Despois do evento, o xurado escollerá aos premiados.


Para consultar a información asociada, podedes premer na ligazón que vos ofrecemos ao pé.

Moita sorte a tod@s!!
A especialidade de Graffiti >>
 


FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE GRAFFITI (10-10-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Graffiti

Nesta ocasión temos novidades da especialidade de Graffiti. Despois da deliberación do xurado, un total de 9 obras foron seleccionadas para participar na fase final da edición 2008 do Gzcrea.

Agora resta agardar a que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade indique a data e lugar de celebración desta gran final. Non vos preocupedes, manterémosvos puntualmente informados.

Para consultar a información asociada, podedes premer na ligazón que vos ofrecemos ao pé.

Moita sorte a tod@s!!

· Os Finalistas de Graffiti >>
 


FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE TEATRO (08-10-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Teatro

Nesta ocasión temos novidades da especialidade de Teatro. Despois da deliberación do xurado, un total de 6 obras foron seleccionadas para participar na fase final da edición 2008 do Gzcrea.

Agora resta agardar a que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade indique a data e lugar de celebración deste grande evento. Non vos preocupedes, manterémosvos puntualmente informados.

Para consultar a información asociada, podedes premer na ligazón que vos ofrecemos ao pé.

Moita sorte a tod@s!!

· Os Finalistas de Teatro >>
 


PUBLICAMOS AOS INTEGRANTES DO XURADO DE POESÍA (03-10-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Poesía

O Certame Galego de Creadores Novos moi pronto resolverá unha nova especialidade. Nesta ocasión poñemos ao público o xurado da especialidade de Poesía. En pouco tempo os seus membros valorarán e cualificarán as obras presentadas nesta edición do Gzcrea.


Para consultar esta información só tendes que premer na ligazón suxerida ou visitar a sección da especialidade.


Moita sorte a tod@s!!
· Os Membros do Xurado >>
 


A FINAL DE MODA XA DISPÓN DE LUGAR E DATA (30-09-2008)

Despois do desfile, o xurado escollerá aos premiados na edición 2008

Imaxe representativa da especialidade de Moda

A especialidade de Moda do Gzcrea camiña xa cara a súa recta final!!. O desfile das coleccións seleccionadas no "Certame Galego de Creadores Novos de Moda-Tesoira 2008" celebrarase o día 20 de novembro ás 20:00 horas no Teatro do Centro Cultural Caixanova en Vigo.

Despois do desfile, o xurado escollerá aos premiados.

Moita sorte a tod@s!!
· A especialidade de Moda >>
 


OS 10 FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE MODA (25-09-2008)

En breve publicaremos o lugar e a data de celebración da final.

Imaxe representativa da especialidade de Moda

O xurado da especialidade de Moda seleccionou xa aos novos deseñadores que participarán na fase final da presente edición do Certame Gzcrea.

Tal e como se recolle nas bases da especialidade, os dez afortunados e afortunadas confeccionarán a colección de cinco modelos obrigatorios, tendo en conta preferentemente os seguintes criterios: creatividade, experimentación formal nos deseños, selección de tecidos, colorido, patronaxe, e volumes e texturas. As coleccións exhibiranse ante o xurado no lugar e data que determine a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.


Os nomes dos finalistas xa están publicados na sección de Moda.

Parabéns a tod@s e moita sorte na final!
· Os Finalistas de Moda >>
 


POÑEMOS AO PÚBLICO OS PREMIOS DE RELATO (19-09-2008)

Imaxe representativa da especialidade de Relato

Hoxe dispoñemos de máis resultados da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Agora poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Relato.

Neste caso son tres as creadoras premiadas. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.


Parabéns a tod@s os participantes!
· As gañadoras de Relato >>
 


GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE CARTEIS (16-09-2008)

Publicamos o resultado da deliberación do xurado.

Imaxe representativa da especialidade de Carteis

A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos xa dispón de novos premiados. Despois da resolución da especialidade de Banda Deseñada, hoxe publicamos aos gañadores de Carteis.

A deliberación do tribunal deu como resultado tres creadores premiados e tres mencións de honra. Para consultar os nomes dos galardonados podedes premer na ligazón que vos ofrecemos.


Parabéns a tod@s os participantes!
· Os gañadores de Carteis >>
 


A ESPECIALIDADE DE BANDA DESEÑADA XA CONTA CON GAÑADORES! (16-07-2008)

Publicamos as obras e os autores que resultaron vencedores na presente edición.

Banda Deseñada

Xa contamos cos primeiros resultados desta edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Banda Deseñada.



O resultado son tres creadores premiados e unha mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.

· Os gañadores >>
 



Consultar hemeroteca: 2008
 
Xunta de galicia. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral do Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Gzcrea 2007